Já é do passado mês de Setembro. Mas vale a pena postar! Touradas Fora de Ponte Vedra celebra retirada de ajudas pola Deputaçom

10999971 819167131533337 4517574565466111147 n

GalizaTFdPV – Desde Touradas fóra de Pontevedra expresan a súa satisfacción pola decisión maioritaria do Pleno da Deputación provincial de negar novas axudas económicas ás touradas no territorio da provincia de Pontevedra (ou sexa, nos feitos, ás touradas na nosa cidade) e por posicionarse en defensa da abolición deste exemplo de tortura animal.


Parabenizan por isto aos grupos provinciais de PSOE, BNG e Marea. O PP, pola súa parte, ficou de novo retratado como o partido pro-tortura animal que é.

Este é un pasiño máis no camiño abolicionista, no camiño do peche do sustento económico das touradas por parte das institucións e no camiño da loita contra a súa lexitimación por parte dos governos. As touradas en Galiza teñen os días contados se continuamos coa mobilización e con pequenas vitorias como esta que van abrindo paso cara o fin da excepción das touradas na lexislación autonómica sobre maltrato animal.

Xustamente por isto tamén queren reiterar a súa oposición ao convenio que o Concello de Pontevedra mantén coa empresa dos Lozano para o uso da praza de San Roque. A postura inmobilista do BNG local neste caso é cada vez menos entendíbel. Desde Touradas fóra de Pontevedra esixen coerencia coa postura antitaurina que din defender e, polo tanto, a eliminación de dito convenio dunha vez por todas e a declaración de Pontevedra como cidade antitaurina e amiga dos animais. “É o momento!”


Fonte: Diarioliberdade

 

 

 

Anúncios